O que ollei onte é o mínimo que hai que esixirlle o Deportivo, contundencia e intimidación. É o xeito de amosar o que significa levar ese escudo; o resto? Tamén hai que esixilo, pero uns días as cousas saen e outras non. Mais o primeiro é indiscutíbel. Se es tan intenso como o teu rival vaste impor pola superior calidade que tes. É doado. E iso depende dos futbolistas por riba de todo. Se alguén me pregunta se gostei do partido, diría que non. Se a pregunta é se gostei do Deportivo, diría que si polo que xa escribín. Desde a miña concepción do que é este deporte o do que é o Deportivo eu agora son resultadista, no ollo o como, so me importa o resultado. E no caso de onte, penso que o equipo fixo o encontro que tiña que facer. Lóxicamente eu pediría moito máis, por exemplo ser máis eficaz arriba. Houbo ocasións para sentenciar, sobre todo na segunda metade cando o Unionistas estivo moi estirado e descoidou moito atrás. Foron minutos nos que había que marcar o segundo e o terceiro, sobre todo se hai dianteiros que marcan a diferenza na categoría. Cun gol de vantaxe, o rival pode marcar en calquera momento e deixarte sen dous puntos nunha xogada moi puntual. Hai que sair, imporse e marcar. Con respeito ao adversario, sabendo en que categoría estás, pero sabendo quen és e o que representas. Gañou o Deportivo no momento menos agardado. Por que? Quizais porque nos dous encontros anteriores, nos que semelabba que era moi superior non foi quen de amosalo. Gañou ao Salamanca no tempo engadido e non foi que de vencer ao Compostela, un equipo mellor e que fixo méritosara levar os tres puntos. O de onte foi distinto. Onte o Deportivo foi o equipo que te que ser. Marcou e xogou con marcador, coa experiencia e coa calidade. Nada de toque, mesmo as veces moi precipitado, pero si intelixente. ese é o camiño. Segundo penso eu.