A cuncha,
un emblema
de séculos...

» Avril González López acerta ao reflectir Galicia coma mar, tradición é Camiño;“a terra das marabillas” 

A cuncha,
un emblema
de séculos...

A cuncha,
un emblema
de séculos...

M.B

Aínda que se descoñece a orixe exacta da cuncha de Vieira como símbolo inconfundible do Camiño de Santiago, o que si se sabe é que se usaba xa tradicionalmente para distinguir aos camiñantes que concluíran a súa peregrinación. 

Non é de estrañar se temos en conta que este molusco bivalvo é moi común en Galicia, unha saborosísima xoia gastronómica que fala tamén doutra das maiores sortes dos galegos: o seu océano Atlántico, que baña dun azul inconfundible as nosas costas: ricas, fértiles e fermosas. 

Non pasa nada disto por alto a proposta “O Camiño de Santiago”, de Avril González López, alumna do Colexio SEI San Narciso e gañadora do certame de Escola en Camiño na categoría de Debuxo para 3º e 4º de Educación Primaria. 

Pode que por iso, porque somos mar, Camiño e tradición, con moi bo tino, Avril decidira estender a cuncha de vieira ata unha fermosa praia, na que, por suposto, tampouco faltan as sinais Xacobeas. 

Cóntanse por centos os areais galegos polos que transitan e gozan aqueles que deciden vivir a peregrinaxe a Compostela e, con ela, a nosa natureza, historia, xentes e paisaxes...nunha experiencia sen comparación. 

Que llo pregunten a Xacobe, o sabio e peculiar guía que se encargou de orientar, a través de cartas, ao alumnado SEI San Narciso na súa aventura de coñecer en profundidade o Camiño de Santiago durante o último ano Xacobeo. 

Unha proposta que sen dubida serviu de base para o proxecto escolar do curso pasado “Galicia, a terra das marabillas”, centrado nas costumes, as tradicións ou as festas da comunidade e no que o certame de Escola en Camiño non puido encaixar mellor. 

“Eu plantexei distintas ideas, elementos icónicos do Camiño e de Galicia, pero a libertade de elixir tivérona eles e, en concreto, Avril fíxoo de marabilla”, valora neste senso o seu mestre, Jorge Pazos.