Estamos ante un Jan van Eyck do Xacobeo?
» Pouco teñen que envexar as nosas dúas artistas do Sagrado Corazón de Xesús a grandes movementos artísticos da historia como a pintura flamenca

Estamos ante un Jan van Eyck do Xacobeo?
M.B
As costuras dos vaqueiros e os cordóns das botas asemellan ter tacto no papel, as noticias do xornal falan do Ano Santo; e mesmo o estampado das mochilas conta algún segredo agochado sobre o patrimonio galego, como é o fermoso Faro de Fisterra; a nosa bandeira na pulseira.
Debuxar tamén consiste en prestar atención aos detalles e senón o credes tedes que fixarvos no fermoso debuxo “Cargados de ilusión” co que Valería García, do CPR Sagrado Corazón de Xesús, venceu na categoría de Debuxo para 5º e 6º de Primaria do certame Escola en Camiño.
Unha obra executada á perfección da que, con todo, o xurado do concurso escolar destaca sobre todo a idea de apostar por unha pintura na que, cada vez que a mire, o espectador atopará algo diferente,algunha nova mensaxe e idea, á altura do mesmísimo ‘Matrimonio Arnolfini’ do pintor flamenco Jan van Eyck, elo non?!
Tampouco a súa compañeira Laura Bello, tamén premiada no certame de Escola en Camiño, se queda atrás cun debuxo que, neste caso, distínguese polo seu gran uso perspectiva cunha composición na que todos os elementos lévannos á fermosura da catedral de Santiago, en especial o punto de fuga que parte desde a cuncha de vieira, emblema imprescindible do Camiño.
Porque outro dos elementos imprescindibles en todo gran artista é, non só saber chamar a atención do espectador, senón acertar a dirixila, e Laura Bello lógrao de xeito maxistral cun fermoso debuxo no que cada decisión está ben tomada: as cores, a iluminación e, por suposto, as liñas. Tedes que velo por vós mesmos, quedaredes tan abraiados como o xurado de Escola en Camiño!
ADOLFO GARCÍA » TITOR DE PRIMARIA
[object Object]Que traballar o Camiño en clase é unha gran idea é algo do que non lle cabe dúbida a Adolfo García Couceiro, titor de Primaria no CPR Sagrado Corazón de Xesús, e é que, explica, trátase dunha “temática moi interdisciplinar”.
“Podes traballar as lonxitudes en matemáticas, a flora e a fauna en naturais, a nosa historia, a lingua galega; pero tamén os idiomas a través dos peregrinos que veñen de todo o mundo; en plástica, por suposto que tamén funciona moi ben”, argumenta García Couceiro, que di máis sobre unha proposta que chama a atención da rapazada como parte da súa contorna.
“Primeiro, gústalles; e, en segundo lugar, por aquí pasan tramos de varios Camiños, están acostumados a ver peregrinos…; ao mellor, a un neno de Toledo daríalles máis igual”, conta para rematar: “É un tema moi agradecido e seguro que repetiremos en vindeiras edicións”.
- Recta final para la apertura de un gran Gadis en la antigua nave de Caramelo en Agrela
- Forbes' sitúa en A Coruña tres de los cinco mayores patrimonios de España
- Gerard, el aficionado que se mudó a A Coruña por el Deportivo «con una mano delante y otra detrás»: «Me ha dado la vida»
- Burger Manía llega a Arteixo: cuatro días de hamburguesas gourmet
- Arranca en A Coruña tras once años de espera la obra del nuevo mercado y centro de salud de Santa Lucía
- La mayor tienda de alimentación de Marineda City ya tiene fecha de apertura y ofrecerá una gran novedad
- La obra del arquitecto de Riazor que anticipó la ronda de Outeiro
- Así era Dolce Vita, el centro comercial de A Coruña que cerró al abrir Marineda City y que ahora se transformará en Breogán Park