-O acordo con Podemos parecía imposible, pero no último minuto En Marea gañou o pulso. Que espera do pacto; é o mellor ao que se puido chegar?

-É un acordo moi importante, que se demandaba desde facía tempo para ir en igualdade de condicións e que reforza a candidatura de En Marea para as autonómicas. Entendo as dificultades que tivo Podemos para dar este paso. É de louvar a valentía e xenerosidade que tivo Podemos Galica e Pablo Iglesias, concretamente, para entender a importancia de configurar un suxeito político galego, plural e transversal para facer fronte á hexemonía do PP.

-Foi Pablo Iglesias quen eliminou as liñas vermellas postas por Echenique durante as negociacións?

-Non. En todos estes días houbo moitas voces, moita xente que pelexamos co mesmo obxectivo e que nos entendemos ben. Evidentemente nunha negociación desde tipo sempre hai tensións, pero houbo moita xente pelexando para que isto saíse ben. Pablo [Iglesias] ten o papel que ten no seu partido, pero tamén Echenique estivo volcado na negociación. Todo o mundo empurrou para que isto puidese saír.

-Houbo algunha liña vermella que En Marea puxo enriba da mesa na recta final das negociacións ante as contrapropostas de Podemos para integrarse no espazo da confluencia?

-Un sempre fai unha proposta pensando que é rebaixable? Nalgún momento e dado o vertixinioso das últimas horas, houbo varias liñas argumentais que non coindicían, pero ao final atopámonos con que todos pensabamos o mesmo. Ninguén puxo liñas vermellas, senon os problemas que supuñas as diversas situacións. Todos entendimos que o outro é un compañeiro e que hai que axudalo. O ben común polo que estabamos loitando estivo sempre por enriba de todo.

-Polo tanto, a unidade á que aludiu Iglesias tras anunciar o acordo está garantizada ou hai alguna vía de auga que ameace coa ruptura ou o distanciamento tras as eleccións do 25-S?

-Non. O empeño que puxemos en que esto non podía ser unha mera alianza de coxuntura para unha cita electoral e, polo tanto, tiña que trascender e incorporarse a ese suxeito político que se decidiu en Vigo; tiña que ver con afianzar o proceso e a organización e ter claras unhas regras de xogo que nos pemitan tirar moitos anos. Vexo totamente descartado unha situación de fracaso a partir das eleccións. Ao contrario, o acordo reforzarase.

-Xurdiron voces críticas nas mareas debido a este pacto con Podemos para ir xuntos ás autonómicas?

-Non. En Marea apostou en todo momento por incorporar a Podemos. Foi sempre un obxectivo. Non me consta unha soa voz dentro de En Marea que apostara por deixar a Podemos fóra. O parecer era unánime.

-Luis Villares, ¿será o candidato da candidatura conxunta con Podemos?

-Eso non está dicutido. Será o candidato de consenso.

-O acordo con En Marea e Podemos ten unha lectura estatal xa que abre a porta a que en Cataluña se siga o mesmo camiño?

-Aquí o proceso tiña unha historia. É certo que os procesos en Cataluña con En Comú Podem de o de En Marea aquí son semellantes. Ao mellor [este acordo] pode servir esto de inspiración. Agora ben, cada territorio ten a súa especificidade e circunstancias polo que hai que buscar solucións axeitadas á peculiaridade política de cada lugar. Aquí chegamos á conclusión de que ésta era a forma correcta para Galicia. En Cataluña terán que decidir se lles vale a fórmula que teñen ou se queren ir máis alá. Podemos ten a suficiente visión política para entender que en cada lugar o cambio político necesita dunhas ferramentas común e eles están dispostos a chegar a elas.