A catedrática de Didáctica da Lingua e Literatura Galega Aurora Marco estará o vindeiro xoves día 22 na biblioteca de Santa Cruz para presentar o seu libro Mulleres na guerrilla antifranquista galega.

Esta profesora da Universidade de Santiago é autora de vinte libros e máis de cen artigos de investigación sobre lingua, literatura e muller. Nos últimos anos adícase á recuperación da historia das mulleres represaliadas.

No acto estará tamén Francisco Pillado, director de Edicións Laiovento que publica a obra. Tamén se proxectará o documental As silenciadas.