25 de abril de 2012
25.04.2012
Cee

Miro Villar, Concha Blanco e María Canosa promoven o galego en Cee

25.04.2012 | 02:00

Os escritores Miro Villar, Concha Blanco e María Canosa promoverán a lectura en lingua galega nun acto organizado polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Cee que terá lugar esta tarde cos alumnos dos colexios Eugenio López e Manuela Rial Mouzo.

Os tres autores explicarán aos escolares os orixes da celebración do Día do Libro e abordarán as temáticas dalgunhas das súas últimas publicacións co obxectivo de fomentar entre os escolares a lectura en galego.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
esquelasfunerarias.es