17 de mayo de 2012
17.05.2012
BETANZOS

Biografía dun pai e Fillo Predilecto

Betanzos festexa o Día das Letras Galegas coa presentación dunha biografía de Vales Villamarín escrita polo seu fillo

17.05.2012 | 22:05
José Domingo Vales Vía, á esquerda, Ramón García e Alfredo Erias. / la opinión

O Concello de Betanzos presentará hoxe con motivo do Día das Letras Galegas o libro No regazo da noite estrelecida, a biografía "apaixonada" de José Domingo Vales Vía sobre o seu pai, Francisco Vales Villamarín. O alcalde, Ramón García, o historiador Alfredo Erias e o fillo do cronista da Cidade dos Cabaleiros presentaron onte aos medios un libro que repasa a figura do "educador entusiasta", poeta, periodista, investigador e impulsor do Anuario Brigantino.

A obra ve a luz ao tempo que o Concello de Betanzos inicia as xestións para que a Real Academia Galega dedique a Vales Villamarín o Día das Letras Galegas en 2013. E todos confían en que o próximo ano será o deste "entusiasta" pedagogo de orixe humilde, fundador e presidente da Irmandade da Fala de Betanzos e cronista que salvou boa parte do arquivo municipal de Betanzos, entre outros méritos.

O rexidor aproveitou a presentación da biografía para festexar por adiantado un día, o das letras galegas, que Betanzos celebrará de "modo especial" en recordo do seu fillo predilecto. García avanzou que a proposta de dedicarlle o Día das Letras Galegas conta xa co apoio de moitas institucións. Alfredo Eiras puxo o acento na polifacética figura de Vales Villamarín. Poeta, investigador, periodista e, sobre todo, un entusiasta mestre. "Non vin alumnos máis apaixonados dun mestre que os de don Francisco", destacou. Para exemplificar o seu legado, Erias apelou a revista de historia, belas artes e etnografía Anuario Brigantino. "Él plantou unha árbore que hoxe é frondosa. Cada vez que sae o anuario Vales está presente", sostivo.

O seu fillo asinte. Vales Vía asegura que o mellor eloxio que puideron facerlle a seu pai foi "ver renacer o anuario tras trinta anos de silencio". "Deulle forzas para morrer en paz", afirma. Lonxe de analizar a súa obra, a biografía repasa a traxectoria vital de Vales Villamarín e tamén, un retazo do devenir de Betanzos. A medio camiño entre a memoria familiar e a historia, o libro traza un retrato dun home que "limpo de vanidade recibiu os mellores eloxios".

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia
 


esquelasfunerarias.es
Enlaces recomendados: Premios Cine