O Concello de Oleiros acolle estes días a XX Feira de Olería Alfaroleiros desde o mércores 6 ata o domingo 10 de agosto. O certame cumpre neste 2014 vinte anos de encontro ineludible coa comarca coruñesa e o Concello saúda un verán máis esta cita coa artesanía e os oficios tradicionais.

"Un ano máis oleiros de todo o país achegaranse ao noso municipio para sementar o parque Luís Seoane de Santa Cruz de tradición e bo facer, permitindo así que o noso Concello faga honor ao seu topónimo e ás súas orixes", destacan desde o Concello.

Paralelamente á mostra, na que os visitantes poderán adquirir pezas únicasmostra, o Concello organiza un completo programa de actos culturais para completa a oferta de ocio tanto para os veciños como para as persoas que durante estas datas visiten Oleiros.

PROGRAMA

Mércores 6 agosto

_ 19.00 h: Ginkana onde participará o alumnado do obradoiro infantil de olería

de verán. Parque Luis Seoane.

_ 20.00-22.00 h: Obradoiro de olería para nenos e nenas impartido pola

ceramista Susana Gonzalez. Parque Luis Seoane.

Xoves 7 agosto

_ 20.00-22.00 h: Obradoiro de olería para nenos e nenas impartido pola

ceramista Susana Gonzalez. Parque Luis Seoane.

-20.30 h: Actuación da Tuna de Veteranos Cidade Cristal.

Venres 8 agosto

_ 20.00-22.00 h: Ludoteca de xogos tradicionais a cargo de Xandobela.

Parque Luis Seoane.

_ 22.00 h: concerto de Balakandra

_ 23:00 h: concerto de SES, co xenio destrozado na Praza Esther Pita Pita.

Sábado 9 agosto

-20.00-22.00 h: ludoteca de xogos tradicionais a cargo de Xandobela.

Parque Luis Seoane.

-22.30 h: concerto de Quempallou. Música tradicional.

Domingo 10 de agosto

19.30 h: PETER PUNK peor imposible. Todos os públicos. Parque Luis Seoane.

21.00 h: Peche da Feira, coa actuación da Banda da Escola Municipal de

Música de Oleiros.

Ver Galería