O Centro Municipal de Formación en Os Regos oferta un curso de formación en montaxe e mantemento de instalacións solares térmicas dirixido a persoas sen traballo. Incluirá prácticas en empresas certificado de profesionalidade. As clases comenzan a próxima semana e rematan en abril. O horario será de 08.30 a 13.30 horas. É necesario ter o graduado en Secundaria ou as competencias clave nivel 2.