A Concellería de Servizos Sociais do Concelo de Oleiros, xunto co Centro Municipal de Formación, organizaron un obradoiro que ten por obxectivo mellorar as pobilidades de acceso ao mundo laboral das mulleres que se atopan en circunstancias de especial vulnerabilidade. En total son once sesións enfocadas ao emprendemento feminino e unha última sobre resolucuión de conflitos.

Onte tivo lugar a primera sesión deste obradoiro que se fai en colaboración coa Asociación Daleth e que afondará no autocoñecemento, a confianza, a mellora da autoestima ou as crenzas limitantes, a través de técnicas de coaching e de educación emocional.

Esta actividade está dentro do programa do Plan de Igualdade do Concello, neste caso centrado na entrada ao mundo laboral. A Asociación Daleth pretende, coa impartición do curso, cambiar a actitude da muller, sacar o mellor delas, fomentar a súa confianza e motivación, orientándose cara o emprego.