17 de mayo de 2018
17.05.2018
CURTIS

A Xunta completa a parcelaria de Fisteus, a maior de Galicia, coa rede de camiños

Antes do verán comezará coa execución de 55,2 kilómetros de viais

17.05.2018 | 01:17

A Consellería de Medio Rural, que promoveu a concentración parcelaria na parroquia de de Fisteus en Curtis, a maior feita en Galicia, vai a comezar agora coas obras de execución da nova rede de camiños por estas terras, que en total suman 55,2 kilómetros de lonxitute, a grande maioría con saburra (só 2,3 kikómetros van asfaltados).

Esta actuación suporá unha inversión de 2,2 millóns sde euros. A parcelaria de Fisteus concentrou en total máis de dez mil parcelas pertencentes a 1.128 propietarios, e sumadas todas dan 4.000 hectáreas.

A conselleira de Medio Rural, Ánxeles Penas, declarou onte que antes deste verán comenzarán as obras de execución da rede de camiños na parcelaria, unha actuación que ten un prazo de ano e medio.

Penas lembrou tamén que o obxetivo da Xunta é "rematar administrativamente" no ano 2020, ésta e o resto de 127 parcelarias abertas arestora en Galicia.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia
 


esquelasfunerarias.es
Enlaces recomendados: Premios Cine