A tradicional Romaría das Merendiñas festexouse onte en As Torres de Santa Cruz coa asistencia de preto de 1.200 persoas maiores do municipio de Oleiros que disfrutaron dunha xornada de convivencia e lecer, coa sorte do bo tempo. Degustaron empanada, roxós, larpeira, queixo con marmelo e o imprescindible chourizo estilo Santaia. Antes do xantar actuou a Banda de Música e pola tarde o dúo Calú e o cuarteto Son de Boleros. O Concello puxo buses.