O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, criticou onte a demora de Emalcsa, a concesionaria do servizo de abastecemento na comarca da Coruña, en licitar a construcción do depósito de auga que dará servizo a unha parte deste concello e ao de Cambre.O Concello acordou en outubro do ano pasado en pleno ceder 2.531 metros cadrados do monte Castro en Sarro, en Nós, para construir un depósito de 1.500 metros cúbicos para abastecer a esta parroquia e a outra cambresa. "Está nos presupostos de este ano e ainda non sabemos nada desta obra a estas alturas de ano, e iso que ten o placet da Xunta. Fai falla este depósito para ter garantizado o suministro de auga en tempos de seca", lembro Seoane.