A parroquia de Santa Cruz, do Concello de Oleiros, celebra estes días as festas na honra da Virxe do Carme e o Santísimo Sacramento. Os festexos deste ano comezarán o venres e prolongaranse ata o martes con cerimonias relixiosas e verbenas. Os asistentes poderán desfrutar de citas gastronómicas como a festa do chourizo do venres; a churrascada do sábado, a festa dos callos e a mexilloada previstas para o domingo; a langostinada do luns, e tampouco faltará a comida o martes, xa que a comisión optou por unha sardiñada. Ademais da gastronomía a música tampouco faltará ningún día e tanto na sesión vermú como nas verbenas da noite. No venres tocará a orquestra Claxxon, na fin de semana serán amenizarán as noites Fania Blanco Show e D ´Moda. E xa o luns e o martes actuarán nas festas de Santa Cruz a orquestra París de Noia e Marbella nas últimas xornadas das celebracións.

EVenres, 24 de agosto: Na xornada inagural do venres celebrarase a Xacobeo Afterparty, a festa do Chourizo de Santiaia e actuaron a orquestra Claxxon e seguir de madrugada a festa coa discoteca móvil Sonora Music e cos tres disjockeys galegos que integran Galician&army ademais do DJ Toni Seijas.

ESábado, 25 de agosto: A xornada de festa comezará ás 12.00 horas coa I Travesía a nado ao Castelo e unha hora máis tarde seguirá coa sesión vermú con D´Ases e unha nova edición da Festa dos Callos. Pola tarde, celebrarase no parque de Luís Seoane a Festa dos Nenos e ás 19.00 horas, oficiarase a misa na honra á Virxe do Carme, seguida da Coral Lembranzas que ofrecerá un concerto. Ás 19.30 horas organizarase unha gran churrascada e a partir das 22.30 horas a orquestra Fania Blanco Show e a discoteca móvil Sonora Music e o DJ Toni Seijas poñerán a nota musical á verbena.

EDomingo, 26 de agosto: Xa ás 08.00 horas da mañá haberá alborada e para ás 12.00 está prevista a saída do ramo das festas acompañado polo grupo Santaia, antes de que ás 13.00 horas se celebre a misa na honra ao Santísimo. Ás 14.00 horas tanto veciños como visitantes poderán asistir á sesión vermú e volver a repetir unha boa ración de callos ou unha de pulpo na pulpeira que estará aberta todo o día. Xa pola noite a verbena desta xornada estará animada pola orquestra D ´Moda.

ELuns, 27 de agosto: Os máis cativos volverán a ser os protagonistas desde as 17.00 horas na Festa dos Nenos á que seguirá ás 19.00 horas unha gran langostinada. E para rematar a xornada con música haberá dúas opcións para públicos diferentes: ás 21.00 horas os asistentes poderán desfrutar do concerto rock con Undercover, mentres que media hora máis tarde poderán bailar coa orquestra París de Noia.

EMartes, 28 de agosto: A última xornada arrancará ás 19.00 horas con pasarrúas e a charanga DGT. E para a merenda, a comisión de festas propón unha gran sardiñada. Ás 22.30 horas, a orquestra Marbella actuará na verbena e unha gran sesión de fogos de artificio ás 00.30 horas porá o broche aos festexos.