O grupo parlamentario do BNG presentará hoxe as propostas de emenda ao orzamento da Xunta para 2019 referidas ao Concello de Oleiros e que suman uns catro millóns de euros. Dúas reivindicacións xa representan a metade desta cantidade: a creación dunha nova escola infantil enNós e a mellora da seguridade viaria na avenida Rosalía de Castro, especialmente na travesía de Montrove. Un conxunto de medidas no ensino, como a ampliación do comedor do colexio Valle Inclán de Perillo, a renovación das instalacións do colexio de A Rabadeira e cubrir un patio no Juana de Vega de Nós, suman uns 900.000 euros.

O Bloque de novo defenderá con estas emendas que Galicia "mire" polo porto de Lorbé, o único do municipio con actividade destacable e no que urxen melloras coma o aparcamento ou a rede de saneamento proxectada hai case unha década. Tamén piden aumentar en medio millón de euros o presuposto do Centro de Divulgación Ambiental (Ceida) e darlle máis estabilidade.