12 de enero de 2019
12.01.2019
La Opinión de A Coruña
OLEIROS

O BNG homenaxea hoxe aos veciños que construíron a Casa do Pobo de Nós

12.01.2019 | 00:26
O BNG homenaxea hoxe aos veciños que construíron a Casa do Pobo de Nós

Xaquín Taboada e outros veciños da parroquia de Nós foron os impulsores, en 1932, da compra do terreo e construcción coas súas propias mans e medios, da actual Casa do Pobo, algo que truncou o golpe franquista incautando o inmoble e fusilando a Taboada. Un sobriño del en 1977 recuperou o soño de Xaquín e reiniciou as obras, que finalizaron en 1981. En 1993 pasaron ao Concello.

O BNG quere lembrar esta historia, fermosa pola iniciativa veciñal e dolorosa pola criminal represión, nun acto de homenaxe hoxe sábado ás doce do mediodía no que participará o voceiro municipal, Fran Rei; e o cantautor Miro Casabella, que tamén, como arquitecto técnico, no seu día diseñou a Praza da Liberdade de Nós.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
esquelasfunerarias.es