O Centro de Extensión e Divulgación Ambiental de Galicia (Ceida) no castelo de Santa Cruz organiza para o 15 e 16 deste mes un curso de Fotografía Creativa de Natureza que impartirá o xeógrafo e fotógrafo experto en espazos naturais e rurais Javi Puertas. O horario será de 09.30 a 14.30 horas, a formación; e de 16.30 a 19.00 a saída fotográfica. A matrícula pode facerse só por un día (50 euros cada un) ou polas dúas xornadas (80 euros en total). O contido do día 15 será formación en técnicas fotográficas básicas para paisaxes, efectos como deter o tempo ou suxerir movemento, xogos de reflexos. O día 16 centraráse en detalles naturais da flora e a fauna e tamén a xeoloxía. O Ceida tamén organiza do 19 ao 21 de xuño o cursiño Arte e Medio Ambiente. Da creación á sensibilización ambiental.