Levalos soltos, pasear moito tempo e por distintos lugares públicos e incluso non recoller as deposicións, son as prácticas dalgúns veciños coas mascotas durante estos días de estado de alarma. O Concello de Oleiros alertou de que vixiará as "condutas incívicas" de algúns residentes que incumpren as normas estipuladas para os propietarios dos cans aproveitando que nas rúas apenas hai coches e viandantes.

Esta situación levou ao Goberno local a lembrar onte que os propietarios de cans e cadelas están obrigados a pasealos con correa polas rúas e parques públicos e a recoller as súas deposicións cunha bolsiña.

O Executivo solicitou a todos os cidadáns que sigan as instrucións e directrices determinadas tanto pola Xunta como polo Goberno central e insistiu en que é necesario "actuar con civismo, calma e tranquilidade" ante esta situación de confinamento nas casas. Na Coruña dictáronse directrices específicas para os animais, tanto para pasealos (levando os seus documentos acreditativos e cunha botella con auga e lexivia para lavar os ouriños), como para alimentar ás colonias de gatos.