O Concello de Bergondo fixo entrega onte do premio do I Concurso de Poesía Filomena Dato a Lorena Conde Martínez, por Ave do Paraíso. O xurado destacou a súa "potencia na construción do conxunto cun gran control do poema longo" e as múltiples referencias culturais e literarias.