Estou fatal. Teño que contarllo a alguén é o título elexido para a nova convocatoria do Premio de Narración Curta de Curtis. O Concello establece dúas categorías, unha para rapaces de 12 a 17 anos e outra para maiores de idade. Os premios van dos 200 ata os 700 euros.