O Arteixo Centro Comercial Aberto (CCA), representantes da feira e da Asociación Galega en Defensa das Axencias de Viaxes fixeron público esta semana unha estratexia con medidas para intentar paliar os efectos negativos da crise do COVID que sufre o sector. O xerente do CCA, Emiliano Cossini, explica o Plan Global de Reactivación da Economía de Arteixo.

Acaban de anunciar o Plan para a Recuperación da Economía de Arteixo. Como se articularía e que pretenden lograr?

Dende o principio da pandemia solicitamos unha serie de medidas ao Concello, algunhas puxéronse en marcha e outras quedaron na recámara. O que fomos vendo estes últimos meses é que a situación vai para largo, non é o que se pensaba que ía a ser algo temporal, e vimos a nacesidade de establecer unha estratexia para recuperar Arteixo. Vendo o que se podería facer. Xuntámonos con outras entidades da pequena economía, como pode ser a Asociación Galega de Defensa das Axencias de Viaxes e a xente do Feirón, tamén estivo a asociación de hostelería. Vimos cales eran as necesidades máis urxentes e as problemáticas máis necesidades a abordar.

O plan inclúe medidas a medio e largo prazo?

Marcamos tres espazos distintos. Unha cousa é o urxente, que se refire a situación actual de non poder traballar. Contamos en que a situación dentro do comercio é grave, pero se pode traballar. Outros como as axencias de viaxes ou ocio nocturno non poden traballar. Entón aí se puxeron axudas, en base a unha reducción da facturación.

Do plan esperan ter unha resposta positiva do Concello?

Nós presentamos un plan coa idea de que o Concello sexa receptivo. Estamos intentando ser proactivos e poñendo o noso gran de area para a recuperación da vila. Non faríamos algo que nos van botar para atrás. Hai algunhas medidas que quedaron no tinteiro no seu momento, que se dialogaron e que non saíron, pero que non houbo negativa. De feito, son medidas que o Concello pensa facer no medio prazo, como son as peonalizacións. O propio Plan de Mobilidade Urbana Sostible de Arteixo, o PMUS, fala dunha serie de rúas que se van peonalizar e que se van marcar unha bolsa de aparcadoiros de maneira temporal. Son medidas que se están poñendo en marcha noutros concellos dende o inicio da pandemia e que ademais tiveron moito éxito.

Espera, por exemplo o que citaba das peonalizacións, puida ter moito éxito en Arteixo?

A peonalización é o camiño para mellorar a actividade comercial e hostaleira. A nivel urbano, reducir a presenza de vehículos para persoas é algo que ven marcado en todos os plans de mobilidade sostible. Arteixo ten unha carencia clara de zonas peonís. No caso que nos atinxe a nós, o sector comercial e hostaleiro, hai un beneficio cando se peatonaliza unha zona. A actividade comercial máis forte agora mesmo está na rúa peatonalizada, que é a avenida da Balneario. Iso non é porque sexa a rúa principal, senón porque é unha rúa na que se pode estar e pasear. Ao final ves mellor os comercios. No caso da avenida dos Bosques temos oito locales de hostalería nos que poderían estar traballando alí. Fixemos o cálculo é o local de hostalería con terraza puido traballar 32 días máis dende o a desescalada de maio que un local sen terraza. Tivo un mes máis de traballo a maiores. A medida de peonalización a propuxemos en maio ao Concello e no seu momento dixeron que non. Se naquel momento se tivera posto en marcha, habería oito locais que poderían ter traballado 32 días máis, o cal supón unha facturación maior, que ao final repercute nas arcas públicas e non dar tantas axuda. O plan o que trata é de conseguir mellorar a actividade económica e non de pedir axudas. O que necesitamos sen incentivos para o consumo.

A peonalización que propoñen é provisional, poderían ser permanentes?

Isto ten que vir marcado por algo máis que unha asociación de comerciantes. É unha medida que haberá que plantexar nunha situación máis calmada. Non estamos falando dunha plataforma única na avenida dos Bosques, senón de cortar o tránsito de vehículos, unicamente para aparcamentos, e poder aproveitar o espazo para as persoas.

Como está agora o comercio de Arteixo?

O comercio de Arteixo está esmorecendo, a verdade. Este peche perimetral provocou que moito do cliente que tiñamos e que habitualmente consumía en Marineda ou en A Coruña pois empezase a consumir de forma máis asidua, máis grande, en Arteixo. Iso é moi positivo. O que temos claro é que a defensa do comercio local non pode pasar por defender peches perimetrais. Temos que aproveitar esta ocasión para fidelizar clientela e atraer clientes que non coñecían o sector. Estamos pendente do día a día.