Son varias as xeracións que viron esculpida a súa imaxinación en galego cos libros de Pepe Carballude, un profesor de Latín que comezou a publicar narrativa infantil e xuvenil cando ensinaba no instituto Alfredo Brañas de Carballo. A maior parte da súa carreira docente, ata que se xubilou hai cinco anos, desenrolouna no instituto Xosé Neira Vilas de Oleiros. Títulos como Os gazafellos e Andainas de Pedro Chosco en infantil e Investigación 091e Maldito DNI! en xuvenil, permañecen na memoria de moitos lectores, ao igual que os seus premios da mítima colección Barco de Vapor en 1990 e 2002Pero Carballude xubilouse como docente pero non como escritor, ata tal punto que neste último ano, nesta situación de pandemia, saca catro títulos ao mercado. O vindeiro martes 4 de maio estará ás 20.00 horas no oleirense teatro As Torres de Santa Cruz para presentar, por primeira vez, a súa última creación, A pintora libertaria (Galaxia), neste caso unha novela para adultos moi apegada á realidade e coa que homenaxea á pintora Maruja Mallo.

“Quería homenaxear ao mundo da emigración, a grandeza desa xente anónima que ao volver investiron cartos en facer cousas por Galicia, sobre todo escolas. Eu son alumno dunha desas escolas, feita en 1907 con cartos de tres veciños que emigraron a Cuba. Xente anónima e intelectuais, escritores, pintores. Entre eles Maruja Mallo, homenaxear a esta artista tan digna coma Dalí ou Picasso pero que non foi tan recoñecida por ser muller. Picasso loouna moito nunha exposición en París. Ela daquela non tiña a valoración que ten hoxe”, sinala Pepe Carballude.

Pero A pintora libertaria tamén fala de política, corrupción, a crise do ladrillo. Con motivo dunhas eleccións, un concello rehabilita unha vella escola feita por emigrantes como museo da emigración e organiza tamén unha exposición con trinta cadros descoñecidos de Maruja Mallo que cede un constructor moi coñecido xerando gran expectación porque xorden dúbidas da súa autenticidad. Nada máis actual, despois das novas nos xornais o mes pasado sobre a autenticidade das obras da pintora incluidas nunha mostra avalada pola Xunta hai un ano. “Cando estou saltou eso, eu pensei que pedía unha novela”, engade Carballude, moi vencellado ao mundo da arte.

A presentación desta obra en Oleiros vaina facer Inma Otero, profesora de Lingua e Literatura Galega e crítica literaria que foi primeiro alumna de Carballude e despois compañeira na docencia. Estará tamén Francisco Castro, director da editorial Galaxia.

Xunto con esta novela, saiu hai poucos meses a reedición de De como o Santo dos Croques se fai peregrino, Premio Barco de Vapor, que estaba descatalogado e que agora edita Hércules por petición dos colexios. E Xerais tamén sacou In memoriam, sobre a memoria histórica e unha fsoe esquecida. Tamén se edita de novo unha obra de divulgación que tivo moito éxito hai anos cando a publicara SM en castelán, A vida diaria dos romanos, que ahora sae en galego, cun novo capítulo. O escritor tamén notou o aumento do interese pola lectura. “Estou moi sorprendido coas ventas dos libros, parece que a xente se refuxia na literatura”, afirma.

Xubilación, pero coa paixón pola escritura intacta

Cando o profesor Paco Martín gañou o Barco de Vapor e o Premio Nacional de Literatura en 1986 con Das cousas de Ramón Lamote, a Pepe Carballude abríuselle o ceo. Presentouse ao premio e quedou finalista. “Para min a idea de crear, de escribir, era unha válvula de escape moi grande, que non fose todo corrixir exames e avaliacións. Ainda agora, xubilado, segue a ser iso”, asegura o autor coa paixón do que da os seus primeiros pasos na literatura. Carballude destaca o papel do ensino, recomendando libros en galego, como algo “fundamental para dignificar o idioma e recuperar falantes”, visibilizando autores naqueles anos como Paco Martín, Fina Casalderrey, Xabier Docampo ou Agustín Fernández Paz, entre outros. Carbulle tamén é o culpable de que moitos nenos pasasen a nenez buscando por todos lados aos apartadizos gazafellos.