A Iniciativa Defende Meirás, que integra a varios colectivos e entidades, solicitou formalmente á Consellería de Cultura que incorpore ao anexo da declaración de Ben de Interese Cultural (BIC) todos os bens mobles asociados á categoría de sitio histórico, tanto do interior coma do exterior do pazo, publicando “de inmediato” o catálogo deses bens. Tamén anima aos cidadáns a “inundar a Xunta con cartas” con esta demanda, das que ofrecen un modelo.