O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Oleiros un obradoiro gratuíto para promover o uso da lingua na escrita e tamén para fomentar a creatividade. Un deles denomínase Cartografías da palabra, lugar e paisaxe, e será impartido por Antía Otero os martes 19 e 26 de outubro e o 2 e 9 de novembro en horario de sete a nove da tarde no Centro Municipal de Formación de Os Regos.

A Asociación de Escritoras en Lingua Galega (AELG) e a Deputación, en colaboración co Concello de Oleiros, tambén programan outro obradoiro literario que correrá de conta da escritora Antía Yáñez para iniciarse na escrita de relatos e microrrelatos. Impartiráse os sábados 16 e 23 de outubro e o 6, 13, 20 e 27 de decembro de 11.00 a 13.30 horas, tamén en Os Regos.