Primeira andaina Túneles de Culleredo: “Ter que levar lanterna chama a atención”

A proba, que se estrea este domingo con máis de 250 inscritos, percorre antigos tramos de vías de tren, hoxe desbotados por Adif | “É unha aventura para os pequenos”, afirma o impulsor

Sendeiristas, nun dos túneles de Culleredo.  | // L. O.

Sendeiristas, nun dos túneles de Culleredo. | // L. O. / S. Vázquez

Hoxe, o normal é que teñas sempre luz: na estrada, na rúa... Entón, andar sen luz, ter que levar lanterna ou frontal, andar con lanterna, chama a atención”, conta o presidente da Agrupación Deportiva e de Tempo Libre (ADTL) A Pedrosa, Manolo Oliveira, impulsora da primeira andaina Túneles de Culleredo, que se estrea este domingo con máis de 250 inscritos. A idea xurdiu hai trece anos, cando Adif (Administrador de Infraestructuras Ferroviarias) aínda proxectaba rescatar algunhas das vías férreas que atravesan o municipio para transportar carbón desde o porto exterior de Langosteira ata a central de Meirama. Descartado ese plan, o ente estatal deu luz verde á iniciativa, que será “a primeira ruta de sendeirismo homologada —proba da I Liga Xunta de Galicia de Sendeirismo da federación galega e da liga ibérica— que discorre por túneles”, explica Oliveira.

O club conta con algunha experiencia previa no camiñar a escuras. Tanto por túneles como por zonas non urbanas pola noite. “Fixeramos unha ruta ata Caión e unha vez saímos ás doce da noite. Os nenos alucinaban. Andar polo monte sen luces, sen nada, con lanterna... Estiveron encantados. E os grandes tamén”, conta o presidente de A Pedrosa. O afastamento do tren da vida diaria axuda tamén a reforzar a peculiaridade da ruta cullerdense. “Agora mesmo non se anda no tren, non é coma antigamente, que para ir á Coruña o que tiñas era tren, non tiñas nin autobús nin nada. Agora mesmo, hai xente que sabe que hai un tren pero non sabe nin como se colle nin como funciona nin nada. A ruta, ao ser por túneles, chama a atención”, sinala Oliveira.

A agrupación tivo en conta que entre os seus membros “hai moitos avós” e que “para os pequenos, é unha aventura” o de camiñar a escuras por túneles de tren e que “se van contentos, andan coma os maiores, coma unha máquina”. Para eles, configuraron unha andaina de 8 kilómetros, que pasará por un dos túneles e que sairá unha hora máis tarde que as outras dúas modalidades: a de 15 kilómetros e a de 25. Todas terán como punto de partida e chegada Orro, baixo o local social de A Pedrosa.

Só a proba de maior extensión pasará polos catro túneles, incluído o máis longo, de algo máis de 700 metros, entre Bregua y Boedo. A andaina máis curta comparte case todo o percorrido coas outras, aínda que irá en dirección contraria.

Suscríbete para seguir leyendo