Espectáculo de teatro e música para bebés o día 17 na Fábrica

Redacción

O programa Apego de fomento do galego entre as idades máis curtas ten de novo outra sesión en Oleiros. Será o vindeiro sábado 17 de febreiro ás 18.00 horas no auditorio de A Fábrica.

Cantaxoga de Migallas teatro é o espectáculo de teatro e música no que María Campos e Carlos Yus interpretan cancións dos discos Canta connosco! e Pan de millo, acompañados dunha banda de pulgas. As familias interesadas deberán inscribirse previamente.