Os martes, en Oleiros, cita para camiñar co voluntariado

Redacción

O grupo de voluntariado do Concello de Oleiros organiza unha actividade periódica dirixida a manter a saúde e a boa forma: camiñadas de unha hora. Estas rutas para andar faranse todos os martes de cada mes nas nove parroquias do municipio.

O primeiro paseo será xa este martes 12 de marzo, de once a doce da mañá. É un itinerario de ida e volta, con saída en Santa Cristina (parroquia de Perillo). O punto de encontro é a praza Afundida, no paseo marítimo. Trátase dunha ruta de baixa dificultade que non require realizar inscrición previa. Está dirixida a todas as persoas interesadas. Concello e voluntariado organizan a actividade.