A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG)invita a que o vindeiro luns se celebre o Día Internacional da Poesía co seguinte lema: Autoras pola paz e contra a violencia. Con esta temática, a entidade pide que se vinculen calquera forma de creación e divulgación literaria ou artística en galego.

“Animamos tamén a que todas estas creacións sexan etiquetadas nas redes sociais co cancelo #Autoraspolapazecontraaviolencia”, apuntan desde esta asociación.

Na web da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega xa se poden ler textos como o de Paula Carballeira, da súa obra Pan con chocolate. A merenda de Gianni: ““Guerra é unha palabra cruel, e as palabras crueis nunca se deixan escribir con faltas de ortografía...A familia da palabra guerra é absurda”.