A RAG dará a coñecer hoxe na Coruña a programación do ‘Ano Luísa Villalta’

A Real Academia Galega (RAG) presentará hoxe a programación que prevé desenvolver no marco do Ano Luísa Villalta, durante un encontro que terá lugar na sede da Fundación Luís Seoane. O presidente da RAG, Víctor F. Freixanes; a directora da Sección de Literatura e membro da comisión executiva, da RAG Marilar Aleixandre; e Susana Villalta, irmá da autora coruñesa Luísa Villalta, protagonista do Día das Letras Galegas 2024, intervirán nesa cita para dar a coñecer as actividades.