O Concello de Arteixo iniciou onte o proceso para contratar a reforma da cociña da escola Ponte dos Brozos, según anunciou a través do Boletín Oficial da Provincia (BOP). O Concello utiliza o procedemento urxente, polo cal as empresas que desexen presentar ofertas deberán facelo nos próximos oito días naturais (a contar dende hoxe). O prazo para executar os traballos é de dous meses.

O Concello explica que "faise necesario unha renovación total" das instalacións de cociña, xa que son antigas e produciuse un aumento do número de usuarios do comedor. "O equipamento existente quedou obsoleto e é insuficiente para o número de comensais", asegura o Concello.