O BNG da Laracha preguntará no próximo pleno pola situación do expediente para que Hidroeléctrica da Laracha devolva o diñeiro da obra que non fixo, segundo asegura o BNG, na reitoral de Golmar. "Foi unha obra xa pagada que se demostrou non terse realizado na súa totalidade", denuncia a formación nacionalista. O BNG explica que o Goberno local remitiu dúas veces un expedientes ao Consello Consultivo de Galicia para intentar anular o contrato da obra que o Concello pagou en 2009.