Oza-Cesuras: Os contos da leiteira do PP

09.02.2018 | 02:04

En xuño de 2013 o PP, desde a Xunta e a Deputación da Coruña e co apoio das maiorías absolutas que tiña tamén nos concellos, promove a fusión dos concellos de Oza e Cesuras. Impuxérona sen participación da veciñanza, sen contrastar parecer coa oposición, sen un estudo serio do que esta fusión ía supor para as veciñas e veciños e coa fraude democrática de facer algo que non levaban no programa electoral.

O xerme da fusión foi o acordo entre os dous antigos Concellos para construír unha escola infantil de 0-3 anos. A escola infantil licitouse no 2015, dous anos despois da fusión. Prometeuse tamén rehabilitar un vello sanatorio modernista para facer un xeriátrico público en Cesuras, soterrar a vía do tren que divide en dous o núcleo de Oza, ubicar no novo concello unha planta de biomasa de ENCE e a nova embotelladora da multinacional Coca-Cola para crear milleiros de postos de emprego.... Ningunha das promesas se cumpriu. O novo Concello segue perdendo habitantes ano tras ano, exactamente igual que o facían antes de fusionarse.

Non necesitamos premios para que cada alcalde estrague como queira, o que precisamos é que se dea resposta ás nosas necesidades. Poñamos un exemplo: se Oza e Cesuras precisan unha escola infantil teremos que construíla se fusionen ou non, e se non a precisan non é lóxico que se tiren cartos de todos nunha obra que vai estar pechada ou infrautilizada. O criterio dos premios ademais de ser ilóxico é insostíbel, porque se se fusionan a metade dos concellos do País, imos 'premiar' á metade dos Concellos? É xusto que reciba un 20% máis de cartos públicos un concello que outro coa mesma poboación só como premi o?

Dicía Aristóteles que "o todo é máis que a suma das súas partes". A fusión de Oza e Cesuras demostra que esta máxima aristotélica na ordenación territorial non se cumpre. Na xestión municipal o resultado da fusión non é máis que a suma dos antigos Concellos de Oza dos Ríos e Cesuras. Todo segue igual, non hai máis nin mellores servizos, non se incrementa a poboación senón que segue diminuíndo, non hai mellores transportes nin maior calidade de vida. O único que se multiplicou por tres foi o soldo do alcalde do Concello fusionado, que conseguiu coa fusión cobrar o soldo máximo que permite a lei.

Tan claro é que o todo é tan só a suma das partes que a harmonización das ordenanzas fiscais dos dous antigos concellos consistiu en poñerlles unha grampa: a veciñanza de Oza-Cesuras segue pagando impostos diferentes segundo viva no antigo concello de Oza ou no de Cesuras e seguen tendo tamén diferentes servizos. En xuño de 2017, catro anos despois da fusión licitouse a elaboración do novo PXOM, xa que Oza e Cesuras manteñen aínda a día de hoxe unha ordenación urbanística separada. Outra das consecuencias foi a privatización dos servizos como o submnistro da auga que era até a fusión xestión directa do concello de Cesuras e agora está en proceso de privatización.

Máis de catro anos despois da fusión viven mellor ou peor os veciños e veciñas do novo concello fusionado? Nada cambiou, a fusión supuxo só unha operación publicitaria para o Partido Popular na Xunta e no Concello. A opinión da veciñanza non importou nin se tivo en conta en ningún momento e o goberno segue sendo igual de clientelar que era antes de que se uniran.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

#eWomanCoruña

La jornada se celebrará el próximo 6 de marzo y contará con ponencias de mujeres que destacan por su trayectoria profesional y su liderazgo en diferentes sectores
¡Inscríbete!


GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia
 


esquelasfunerarias.es
Enlaces recomendados: Premios Cine