O Concello de Oleiros abre hoxe venres ás oito da mañá o prazo de inscrición para poder participar no obradoiro multidisciplinar de poesía, danza, música e creación escénica sobre a autora Juana Docencia, premio Luisa Villata de proxectos culturais pola igualdade. As clases impartiránse no centro cultural A Fábrica de Perillo os días 20 e 21 de abril. A inscrición é de balde e ofértanse quince prazas, con preferencia para as persoas empadronadas no municipio. Os interesados en apuntarse poden facelo a través do teléfono 981 610 000 ou mediante o correo electrónico cultura@oleiros.org.cultura@oleiros.org