O Bloque de Oleiros preguntou o pasado mes de febreiro ao alcalde cando se ía arranxar a pérgola do parque José Couso en Perillo, danado tras un temporal de vento, e despois de responderlle que ía estudiar este asunto, segue sen arranxarse dous meses despois, polo que voltará a levar este problema á vindeira sesión plenaria.

Os nacionalistas sinalan que ata sete láminas do teito da pérgola voaron e outras están deterioradas, o que ademais de "afear" o entorno (nun espazo con grandes vistas sobre Santa Cristina e a baía) supón unha "inseguridade" para os veciños, nunha zona onde hai xogos infantís e un colexio próximos.