Unha viaxe de vida entre poemas e fotografías

Sol Mariño publica ‘As alas de serpe’, un poemario sobre a experiencia, a lembranza e a fascinación, que vincula cunha exposición fotográfica

Fotografía da exposición.   | // SOL MARIÑO

Fotografía da exposición. | // SOL MARIÑO / A. Carro

Os poemas e fotografías de Sol Mariño son recordos dunha vida, de viaxes, das súas etapas en Arxentina e Brasil e da súa volta a casa. “Falo das cousas, dos seres que atopamos e tamén de ter os pés na terra”, comenta a autora de As alas da serpe, o seu primeiro libro. A publicación vai unida “por un fío” á exposición de fotografías Nada me pertence. Tudo faz parte de min, que estrea este sábado ás 13.00 horas na Asociación Alexandre Bóveda.

“Son moitos anos de escribir e facer fotografías e agora coincidiron estas dúas cousas na Coruña. Hai un diálogo entre elas”, explica a artista, que elixiu As alas da serpe como título do libro porque “a serpe muda a pel e necesita transformarse e as alas é esa simboloxía de deixarse voar, explorar, a idea de liberdade”. “Ese contraste para habitar a vida dun xeito gozoso”, resume Mariño.

A presentación do libro, un conxunto de poemas sobre a experiencia, a lembranza e a fascinación, será o 16 de xuño en A Tobeira de Oza. Mariño sabe como atopar o exótico no familiar e iso amósao non só no libro tamén na mostra. Mentres, segue escribindo e facendo fotografías porque non entende a vida doutra forma. “Tamén fago serigrafías en camisetas”, conta a artista.

Suscríbete para seguir leyendo