'O Corno', gañadora da Concha de Oro en San Sebastián, chega ós cines da Coruña

A directora Jaione Camborda, primeira española que gaña a máxima distinción en Zinemaldia e ademáis coa primeira película en galego que compite na sección oficial, estará nos Cantones para a preestrea

RAC

O Corno, a película rodada en galego gañadora da Concha de Oro na recente edición do Festival de Cine de San Sebastián, chega a próxima semana ós cines da Coruña. A directora do filme, Jaione Camborda, estará na cidade para a preestrea xunto coa actriz Janet Novás, unha das protagonistas deste traballo que entra con maiúsculas na historia do Zinemaldia por ser a primeira película en galego que compite na sección oficial do certame e que ademáis entra non so entra no palmarés de San Sebastián senón que sitúa á súa directora como a primeira española que leva a máxima distinción deste festival. Agora O Corno vaise poder ver nas salas coruñesas de Cantones Cines, con máis de trinta pases entre o martes 10 e o domingo 15 de outubro. Camborda e Novás estarán na preestrea.

“Xa é un premio poder estar nun lugar tan visible. Isto permite que a peli a vexa máis xente e quizais me facilite poder facer un próximo filme”, contaba a El Correo Gallego --diario de Prensa Ibérica, grupo editorial ao que pertence tambén LA OPINIÓN-- a realizadora Jaione Camborda uns días antes de triunfar en San Sebastián, festival no que “crecín e se desenvolveu a miña mirada”. Nada en Donostia en 1983 e afincada no barrio compostelán de Sar dende hai máis de quince anos, Camborda xogaba na casa e facíao cunha película en galego, O corno, que se alzaba hai poucos días coa Concha de Oro. Todo un fito histórico, e non só porque se trata da primeira vez que un filme rodado na nosa lingua compite, e gaña, no Zinemaldia. Tamén porque esta victoria a converte a ela, Jaione Camborda, na primeira muller española en levantar a máxima distinción do prestixioso certame.

A decisión do xurado, presidido este ano pola actriz estadounidense Claire Danes, pon fin nesta XVII edición a unha eiva que cumpría reverter. Toda unha proeza, a de Camborda, tendo en conta que competía con autores da talla do rumano Cristi Puiu, o francés Robin Campillo e os de Joachim Lafosse e Xavier Legrand, nomes que figuran nos palmarés de festivais como os de Cannes e Venecia.