Un acto o 17 de maio, unha webserie e publicacións para lembrar a Luísa Villalta

A Coruña será a cidade protagonista do Día das Letras Galegas

A Real Academia Galega (RAG) adica o Día das Letras Galegas 2024 a Luísa Villalta. Ao longo do ano haberá actividades, publicacións e actos coa poeta coruñesa como protagonista. A maior parte dos actos serán na Coruña porque é a cidade da autora, a que chamaba Cidade Alta.

A partir do mes de marzo, o público poderá coñecer a fondo a vida e a obra de Luísa Villalta a través da serieweb sobre a autora que a Real Academia Galega está a producir. O documental de seis episodios, dirixido por Damián Varela e guionizado por Alba López, será unha das apostas destacadas da institución para celebrar este día.

O presidente da RAG, Víctor F. Freixanes, dixo na presentación da programación que o fin último desta homenaxe é "que o público lea a Luísa".

O acto principal será o 17 de maio no teatro Rosalía de Castro, onde falarán Ana Romaní, Margarita Ledo e Manuel Rivas.

A Primavera das Letras estréase en febreiro para "levar a figura" da poeta "aos máis novos".

Ao final de ano haberá un simposio académico.