A vertixe do último día de mercado de fichaxes, o gol de Beto da Silva en Ferrol Beto da Silva Ferrole a sensación de que Javi Montero e Salva Ruiz chegan para ser titularesJavi MonteroSalva Ruiz no proxecto branquiazul acabaron por deixar nun segundo plano a outra das caras novas, Sasa Jovanovic. O serbio, con pasado na Segunda División, chega como solución de emerxencia para suplir a inesperada marcha de Pedro Sánchez e vén para aportar as súas particulares características ao fútbol do Dépor de Anquela. "É un xogador moi interesante. Pásase todo o partido tirando desmarques", avanza o cercedense e exdeportivista Miguel Loureiro, agora no Andorra de Gerard Piqué, pero que no Córdoba foi "o compañeiro de banda" de Jovanovic nas dúas últimas tempadas. "É vertical e moi rápido. Eu teño a sensación de que lle vai vir moi ben ao Dépor porque é un extremo desequilibrante que fai moito dano aos equipos rivais", razona.

A perigosidade do fútbol de Jovanovic nace sobre todo desa tendencia a intentar unha e outra vez o desmarque, as diagonais cara a portería contraria. Loureiro considera que pode darlle versatilidade ao xogo do equipo herculino: "El é moito de xogar ao espazo, esa cualidade vénlle ben a calquera conxunto porque estira ao equipo e dálle profundidade. Iso é básicamente o que lle vai aportar Jova Jovaao Deportivo".

As súas características ofensivas poden solventar situacións de risco nas que se atope o equipo coruñés, pero no Deportivo de Anquela quen non traballa nas axudas e na presión alta en campo contrario tampouco ten oco nos seus plans. Loureiro, como socio de banda de Jovanovic, non ten queixa da súa contribución defensiva. "Xogamos un montón de partidos xuntos. El estaba de extremo e eu de lateral. É moi honrado e esforzado cando ten que traballar, nese aspecto non vai haber problemas", asegura.

Esas horas e horas compartindo tarefas nun campo de fútbol crearon un vínculo que hoxe aínda perdura. "Falei con Jova Jovaun pouco antes de que saira a noticia da súa fichaxe polo Dépor para desexarlle sorte e para que se xurdía algunha cousa na Coruña, soubese que podía contar comigo. Eu a verdade é que lle teño moito aprecio porque é boa persoa e bo compañeiro; deséxolle o mellor. No Dépor pode facelo moi ben e aportar moito. É un compañeiro de dez", conclúe.

Ao Jovanovic xogador non lle resta puntos o Jovanovic persoa. Superados os primeiros problemas lóxicos de aclimatación en Córdoba, foi un máis no vestiario: "Ao principio, cando chegou, non dominaba o idioma, pero adaptouse moi rápido e foi quen de integrarse moi ben. Agora xa fala castelán perfectamente e non vai ter problemas para relacionarse e render ben".

O Dépor irá mellor

O pasado deportivista de Loureiro lévalle a desexarlle o mellor, a querer velo nuns meses na máxima categoría. Considera que o equipo de Anquela irá a máis nas vindeiras xornadas: "Acaban de chegar fichaxes e comezará a mellorar axiña. É un equipo importante na categoría e unha cidade como A Coruña debe estar pelexando por subir a Primeira".