Xoias que encandilan aínda máis nun ano difícil. Os Nosos Valores-Escolas Branquiazuis, un proxecto de LA OPINIÓN e da Fundación Real Club Deportivo que se realiza en colaboración con Vegalsa-Eroski, xa ten gañadores dos seus concursos de debuxo e redacción. Foi un ano, o terceiro desta iniciativa, de crecemento no que se apuntaron 40 centros e 1.800 escolares da Coruña e a súa comarca, pero tamén diferente ao verse alterado pola crise sanitaria derivada da Covid-19.

Os oitos premiados, catro en cada categoría, terán a oportunidade de asistir a un acto o próximo martes 7 no estadio de Riazor. Os gañadores recibirán alí un abono, uns cascos inalámbricos e un portátil; os segundos clasificados, unha camiseta, uns cascos e unha tablet e os terceiros, un balón, uns cascos e unha cámara tipo GoPro.

Será o broche final a una tempada na que se duplicou a participación de nenos con respecto a primeira deste proxecto.