Cun aturuxo, sobran as palabras: Leyma celebra o día de Galicia cun vídeo especial e un concurso

A marca galega celebra o 25 de xullo presentando un vídeo conmemorativo no que destaca o aturuxo como parte vital da cultura gallega » A través das súas contas de Instagram e Facebook, Leyma reta aos seus seguidores a facer o aturuxo máis longo a cambio de litros de leite

Fotograma do vídeo de Leyma polo Día de Galicia

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google

B. C.

A Coruña

En Galicia, bástanos un simple grito para sentir orgullo pola nosa terra: o aturuxo. Por iso, Leyma, pertenencente ao Grupo Lence, única empresa láctea galega que está entre as seis máis grandes de España, sitúao como a peza central da súa campaña con motivo do Día de Galicia.

Dita campaña está composta por un vídeo especial, que conten imaxes de diferentes puntos de Galicia, son de pandeireta e un aturuxo prolongado, así coma un concurso convocado nas contas oficiais de Instagram e Facebook da compañía. As personas que queiran participar deben facer o aturuxo máis prolongado e representativo que poidan. O gañador recibirá litros de leite de Leyma.

Por cada 10 segundos de aturuxo, ofrecen 100 litros de leite, e se o aturuxo gañador é de, por exemplo, 9 segundos, esa persoa conseguirá 90 litros.

Os requisitos que hai que cumprir para participar son: seguir a unha das contas de Leyma en redes sociais, confirmar a participación deixando un comentario no post de dita red social e compartir o aturuxo de forma pública, mencionando á conta da compañía. O prazo para participar finaliza o 25 de xullo ás 23:59 horas, e o martes, día 26, anunciarán os gañadores no perfil oficial de Leyma en Facebook.

Un grito cheo de orgullo

Un aturuxo, segundo sinala o diccionario da Real Academia Galega, é un grito agudo, forte e prolongado que se emite como sinal de alegría, nas festas, nas foliadas e mentres se realizan algunhas labores agrícolas. Tradicionalmente, relacionouse, sobre todo, con ambientes festivos, o rural galego e o folclore.

Pulsa para ver más contenido para ti

Recentemente, o trío musical galego Tanxugueiras logrou que o aturuxo viva una segunda xuventude. Na canción Terra, a súa proposta para representar a España no festival de Eurovisión, lanzaban un destes gritos. Ademáis de convertirlo en algo interxeracional, posibilitaron que moitas persoas de fora da rexión o coñeceran.

Noticias de Portada Leer Noticias cerca de ti CercaJuegos Jugar