Aromas a recordos con bo sabor de boca

» A creatividade e a motivación vencen con traballos de gran nivel

Aromas a recordos con bo sabor de boca

Aromas a recordos con bo sabor de boca

M.B

Si que sabe o que bo Adriana Liboeiro Pereira, alumna de 6º de Primaria do CPR San Fernando, porque nin aos xornalistas de FARO, nin ao xurado do certame de Escola en Camiño ao completo, se nos ocorre mellor maneira de rememorar o bo sabor de boca que deixa o Camiño que vendo as fotos da nosa peregrinaxe mentres degustamos unha boa torta de Santiago. 

Unha sobremesa que atopa as súas raíces nas tradicións máis antigas da alta repostaría galega en tempos no que as améndoas e o azucre eran case un privilexio. Agora, galegos e visitantes seguimos gozando desta xoia gastronómica que xa namoraba nas mesas a principios da Idade Moderna. 

E é que aromas e sabores prenden os nosos recordos como tamén o fan as nosas árbores e plantas, o verde galego, baixo a luz do arco da vella no fermoso debuxo de Ároa Fernández Martínez, tamén alumna do CPR San Fernando e tamén vencedora do certame, onde, se nos fixamos ben e como si da maior das aventuras se tratase, atopamos un mapa do tesouro, do noso, coas chaves para atravesar Galicia na busca de Compostela. 

“A verdade é que toda a clase implicouse moito porque para eles supuña unha forma de plasmar de forma gráfica todo o traballado e todo o vivido nestes cursos”, conta Ana Mallán, titora de Primaria e profesora de Galego, que destaca a especial creatividade dos traballos gañadores: “Había debuxos cun nivel moi alto”. 

O certo é que no CPR San Fernando levan xa varios cursos traballando coas vías xacobeas a través de proxectos e mesmo excursións a Santiago, polo que Escola en Camiño e a súa entrega de premios supuxeron o aliciente perfecto: “Estaban super motivamos”.