Pensar a nosa andaina a través de imaxes
» O collage de Ángela de la Torre Barreiro amósanos que sempre vaga a pena ir un paso máis alá

Pensar a nosa andaina a través de imaxes
M.B
“Unha vez feito,
unha vez camiñado;
no teu corpo e a túa alma quedou
e a súa pegada deixou”.
Ás veces, poucas palabras bastan para contar moito e, senón, que llo pregunten a Ángela de la Torre Barreiro, alumna do IES Beade e unha das vencedoras indiscutibles do certame Escola en Camiño na categoría de Debuxo para 1 e 2º da ESO.
A nosa artista venceu cun fermoso collage no que se valeu de follas de periódico e libros antigos para conformar a súa propia vieira do Camiño. Un emblema da ruta Xacobea na que, con todo, de la Torre Barreiro quixo ir máis alá facendo latir un corazón no seu interior. As tradicionais frechas amarelas e as súas verbas fixeron o resto.
A orixinalidade sempre ten premio!
“A creatividade tamén é contar a través de imaxes, saber transmitir un sentimento con elas e, en concreto, esta alumna sempre intenta aportar cousas diferentes, ir máis aló”, cóntanos a mestra de Plástica do centro Rosa Ramilo Costas, para quen proxectos como Escola en Camiño son interesantes en tanto en canto aproximan ao alumnado a súa contorna.
“Traballamos con cartaces arredor do Xacobeo. Fixemos un traballo de busca dos seus elementos máis significativos: que era necesario para facelo?, que significaba para eles?”, relata a docente, que recoñece que lle sorprendeu a pouca familiaridade por parte dalgúns alumnos coas vías Xacobeas: “Ás veces, o que máis descoñecemos é xusto o que nos queda máis preto”.
Unha proposta coa que animounos a pensar o Camiño a través de imaxes, pero “a súa propia maneira, sen copiar, creando algo orixinal e novidoso que puidera chamar a atención do público”. E… a xulgar polo premio, funcionou!
- Nueva batalla judicial por la cárcel de A Coruña: el Estado lleva al Ayuntamiento ante el Tribunal Supremo
- El histórico bar de A Coruña con una empanada casera que probó el Papa: 'Llegamos a vender 900 en un día
- El Deportivo excede las fichas con cuatro porteros, cinco centrales y siete pivotes: llega la hora de aligerar plantilla
- Tres detenidos acusados de robar en aparcamientos de supermercados de A Coruña, Culleredo, Ames y Madrid
- Hallado un bebé muerto en un domicilio de Sada tras negar la madre en el hospital un embarazo
- Expansión de la refinería de A Coruña: Repsol acepta la ayuda de 133,4 millones de euros del Estado para producir hidrógeno ecológico
- Negocios de A Coruña priorizan el eclipse y bajan la persiana el 12 de agosto: 'Ese miércoles por la tarde la ciudad tendrá otras prioridades
- Angeliño ya está en casa: es oficialmente nuevo jugador del Deportivo