25 de enero de 2015
25.01.2015
OLEIROS Jaime Faraldo Estudante de primeiro da ESO e actor

"De maior quero ser actor, pero teño que estudar unha carreira para ter un plan B"

"Despois de traballar en 'Padre Casares' agora estou en 'Pazo de familia', a nova serie da TVG; tamén fixen unha curtametraxe e agora unha longametraxe"

26.01.2015 | 01:30
Jaime Faraldo. la opinión

Jaime Faraldo e os seus impresionantes ollos azul escuro entran nas casas dos galegos a miúdo, como unha grande promesa da interpretación galega que nos últimos anos encadea curtametraxes, series de televisión e longametraxes a pesar da súa curta idade. Este oleirense que se formou na canteira da escola de teatro municipal e xa sae ata na Wikipedia galega, cumpliu 13 anos a pasada semana pero fala con madureza e amosa ter os pés ben asentados na terra.

-De onde che vén o gusto pola interpretación?

-Empecei en As Torres de Santa Cruz, nos cursos de teatro que organizaba o Concello para nenos e para maiores. Daquela tiña catro anos. Gustoume o de interpretar e coincidir nos cursos cos amigos.

-E o salto á fama, á televisión e ao cine, como foi?

-Nunha das veces que estabamos representando unha obra de teatro en As Torres había un productor entre o público. Estaba buscando un neno para un papel na serie Padre Casares. E escolléronme. Daquela tiña once anos.

-Agora tamén estás traballando...

-Si, fago de Lolo, o fillo da cociñeira en Pazo de Familia, a nova serie da TVG. Xa grabei os quince primeiros capítulos e agora estamos parados. Se ten audiencia, faremos outros quince.

-Estás en primeiro da ESO no instituto María Casares, onde estás tamén no grupo de teatro escolar, e a onde chegaches despois de cursar Primaria no Parga Pondal de Santa Cruz. Como fas para levar ben os estudos, facer series de televisión e ter tempo para xogar?

-Agora, por exemplo, con Pazo de Familia, ía grabar un día á semana a Santiago. Perdía un día de aulas, pero na fin de semana xa o recuperaba, estudaba o que se ensinara ese día, e lévoo ben, vanme ben os estudos. Aínda que sí, tempo non teño moito.

-Ademais da televisión, tamén fas cine.

-Antes de Padre Casares fixen unha curtametraxe, haberá dous anos que se estreou.

-E acabas de participar en A historia dun satélite. Rafael e a nai que o pariu, a primeira longametraxe de dúas galegas afincadas en Estados Unidos, Sonia e Miriam Albert Sobrino.

-Si, son o coprotagonista.

-Queres dedicarte profesionalmente á interpretación?

-Si, de maior quero ser actor, aínda que sei que tamén teño que estudar unha carreira. Miña nai dime que hai que ter sempre un plan B, porque mentres tes traballo todo vai ben pero cando non tes traballo, que fas? O meu plan B é ser fisioterapeuta. Aínda que tamén me gusta moito a música.

-Teño ententido que a música tamén é outra das túas paixóns e que che gusta desde os Rolling ou Elvis ata Queen.

-Si, tamén me gustaría dedicarme a algo da música. Estou na escola municipal desde os catro anos tamén e toco o saxo e agora empecei co baixo eléctrico.

-Os teus compañeiros de clase dinche algo por ser famoso?

-Polo dagora poucos o saben, as series que fago bótanse pola noite e son para maiores e non me ven.

-E teus pais?

-Ben, gústalles moito, dinme que o fago moi ben. Ao principio resultoume raro verme na pantalla a min mesmo.

-Que actores tes como referente, a quen queres parecerte no futuro?

-Actor galego, Luis Iglesias, que está tamén en Pazo de Familia. E internacionais, Robin Williams.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
SORTEO ENTRADAS: 'OVO' del Circo del Sol
El Circo del Sol visita A Coruña, del 21 al 30 de diciembre, con su espectáculo OVO que ofrecerá en el Coliseum de A Coruña. En LA OPINIÓN sorteamos 10 entradas para que no te lo pierdas.

 

En estas fiestas, sobran los motivos para beber elaboraciones de vino gallego. En 2018, Galicia firmó la segunda mejor cosecha de su historiay nuestras bodegas despiden el año con un buen balance en todos los sectores 

esquelasfunerarias.es