-Á fin...
-Si [ri]. Era unha das nosas prioridades, de feito o alcalde foi moitas veces á Xunta a mover o expediente e a verdade é que se lle deu un impulso grande. Patrimonio dicía que primeiro había que aprobar o plan xeral e así o din tamén na resolución de hoxe [por onte].
- E que futuro debuxa o plan xeral para A Terraza?
- A Terraza está calificada como un sistema xeral de equipamento sociocultural.
-É compatible o uso sociocultural co actual uso hosteleiro?
-Hai que analizar ata qué punto é compatible. A concesión era só para un quiosco de venda de bebidas e agora o plan xeral establece que o uso principal é o sociocultural. De momento estamos co tema da declaración do BIC, o outro haberá que velo con calma, agora non toca. Veremos cando remate a concesión como está o expediente.
-Mantiveron conversas cos propietarios?
-As únicas conversas que mantivemos cos donos foron para tratar o tema da rehabilitación da Terraza. Eles presentaron un anteproxecto e pedíronnos que fixeramos de intermediarios coas outras administracións. De feito, fixemos nós esa labor de mediación, pero a Xunta non viu acaído o anteproxecto, mandoulles varias rectificacións e que eu saiba alí quedou.
-A Xunta propón un plan integral de conservación. Falaron de financiamento?
-De momento non. Eu penso que o BIC é un bo instrumento para que as administracións implicadas, nomeadamente a Xunta como responsable do patrimonio galego, achegue fondos para poder conservar o edificio e rehabilitalo, que falta lle fai.