O Goberno galego aceptou transferir ao Concello de Oleiros a titularidade dun tramo da avenida Rosalía de Castro en Perillo entre a rotonda de Lucín e o viaducto da Pasaxe, a AC-12. É un tramo de unos 540 metros que rexistra unha intensidade diaria de máis de 13.400 vehículos e que funciona de feito como vía urbana.

Así o acordaron onte en Santiago a conselleira de Infraestructuras Ethel Vázquez e o alcalde Ángel García Seoane. Próximamente asinarán o convenio que fará posible este traspaso. A Xunta, antes da cesión, vai asfaltar este tramo de vía. O Concello pola súa parte comprométese a renovar todas as redes e tamén as beirarrúas.

García Seoane tamén aproveitou a reunión para demandarlle á conselleira de Infraestructuras e Vivena que saque a contratación xa as obras de execución de beirarrúas entre Lorbé e a rúa Golfiño, despois de que o Concello lle cedese os terreos hai meses. Vázquez comprometeuse a "atender a solicitude" cando remate o itinerario peonil e ciclista que está facendo entre Montrove e O Carballo.