02 de agosto de 2018
02.08.2018
OLEIROS

Onda de calor e de barro

Case trinta expositores de Galicia, España e Portugal amosan parte do seu traballo no XXIV Alfaroleiros

02.08.2018 | 00:52
Onda de calor e de barro

Coa vaga de calor que dan os expertos para os próximos días unha boa opción é botarlle unha ollada, á sombra das árbores do parque de Santa Cruz, ás pezas de barro procedentes de distintos lugares de Galicia pero tamén de Andalucía, Castela León ou Valencia, ademais dunha representación de Portugal. A nova edición de Alfaroleiros, e xa van 24 anos seguidos, tamén contou este ano cun alfar invitado, o Centro Alfarero Casa de las Miquelas de Santa Cruz de Tenerife, un lugar onde se recuperou a tradición de traballar o barro sen torno, que se fai dende o século XVIII. En total son 27 artesáns os que dende onte ata o próximo domingo día 5 expoñen sobre a herba do parque Luis Seoane una mostra do seu traballo, exhibindo as distintas formas, cores e tipos de barro que se traballan.

"Cada peza daquí é unha obra mestra porque os alfareiros a fan poñéndolle todo o cariño, son pezas únicas e singulares", sinalou o alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane. Tamén a deputada provincial Ánxela Franco destacou este feito no seu discurso, o de que son obxetos feitos á man, non hai nada "prefabricado". Franco tamén felicitou ao Concello por contar con museo e unha escola de oleiría.

NOVIDADES

A directora xeral de Comercio Sol Vázquez subliñou que a olería era unha maneira de "expresarse coas mans" e esta feira na que se xuntan tantos artesáns de distintas localidades é unha oportunidade para que xurda "un diálogo" entre todos.

Alfaroleiros, a punto de cumprir os 25 anos, conta nesta edición con dous artesáns que nunca estiveran na feira: os portugueses Carlos Lima e Xana Monteiro coa súa cerámica negra; e a Fundación Terra Termarum de Cuntis que divulgan o labor científico que fan arredor do barro, facendo reproducción de pezas atopadas en excavacións en castros despois de facer unha fonda investigación.

Esta exposición e venta de pezas non é o único que se pode ver en Santa Cruz. A feira é unha exaltación do barro e tamén unha festa. Inclúe demostracións de como traballan os oleiros de 19.00 a 21.00 horas ata o domingo, e tamén hai exposición dos traballos realizados polos alumnos da Escola Municipal de Olería.

De forma paralela hai tamén proxección de cine ao aire libre, concertos, espectáculos de circo, xogos tradicionais, obradoiros de barro para que proben os visitantes a facer pezas e talleres de danza, entre outras actividades.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia
 


esquelasfunerarias.es
Enlaces recomendados: Premios Cine