O nome do municipio de Oleiros suxire que no pasado se desenvolvía na localidade coruñesa unha importante actividade relacionada co barro e a cerámica, pois oleiro é o vocablo que designa ese oficio. Esta tradición foise perdendo, pero os organismos municipais, en homenaxe á historia do concello, promoveron a creación do museo de Oleiros e a festa Alfaroleiros, o que convertiu ao concello nun punto de referencia para a cerámica.

Outra das hipóteses apunta a que o termo oleiro fai referencia aos enterramentos que na antigüidade se efectuaban nuns recipientes cinerarios chamados oleiros, que aínda se conservan no municipio. O museo atópase no municipio de Santa Cruz e forma parte do centro cultural As Torres, unha das escolas máis importantes de cerámica popular española. No seu interior, acolle unha colección única en toda Europa de cerámica e é sede dunha das feiras máis importantes de alfarería tradicional española que cada ano acolle a centos de artesáns que acoden á cita para expoñer as súas mellores pezas. Trátase da feira Alfaroleiros que se celebra desde 1995 neste concello coruñés. Artesáns de toda España achéganse á vila para encher o parque de Luís Seoane, en Santa Cruz, de tradición e saber facer co barro e a cerámica. A feira complétase con actos culturais para todos os asistentes. Alfaroleiros converteuse nos últimos anos nun referente dentro das mostras máis importantes do sector e caracterízase desde os seus inicios pola búsqueda das formas tradicionais. A mostra ofrece como motivación engadida para os visitantes que se pasen polo evento a posibilidade de presenciar en vivo o proceso de elaboración dalgúns artigos que saen dos tornos dos artesáns. Oleiros converteuse a principios de agosto como cada ano nun museo ao aire libre de alfarería. Artesáns de toda España e Portugal deronse cita un ano máis no certame Alfaroleiros de Santa Cruz. Nesta edición participaron un total de 27 expositores do oficio da alfarería na demostración e venda de productos, xunto aos artesáns galegos de Buño, Niñodaguia, Gundivós, Bonxe, Salvaterra de Miño e Brión.