O Goberno local prevé levar ao próximo pleno unha nova Relación de Postos de Traballo (RPT) do Concello, que agora mesmo conta con 247 traballadores (134 funcionarios e 113 laborais). O Executivo considera urxente esta medida polas novas esixencias legais e normativas. A actual RPT é de 2008. Trátase dun listado de postos de traballo coas súas clasificacións profesionais, sistama de provisións, complementos, requisitos e adscrición orgánica. O propio Goberno considera que a actual RPT quedou "obsoleta" e non recolle todos os postos existenes.

O Executivo dí que con esta actualización regularizaránse as retribucións complementarias fixas do personal funcionario en concepto de productividade que serán absorbidas polo complemento específico (hai anos que eran obxeto de crítica) e tamén "aumentar a estabilidade do persoal laboral que na actualidade desempeña funcións de persoal funcionario", e que poderá acceder aos procesos para ser funcionario.

Nesta RPT, unha das principais novidades é que se funden nun único posto todos os administrativos, mantendo a diferente categoría pero coas mesmas retribucións complementarias. Non se fai unha subida lineal de todos os postos senon "unha subida axustada á valoración do posto".

De feito hai persoal funcionario que ve rebaixado o seu nivel e outros, coma auxiliares, ao que llo suben. A esta RPT presentáronse varias alegacións. Algúns traballadores sinalaron que este documento "non se elaborou de xeito tan transparente" como o de 2008, cando a empresa que a fixo explicou á plantilla a metodoloxía e as fixas e se fixo unha asemblea de traballadores despois. Indican tamén que neste documento se penaliza ao persoal de novo ingreso cun nivel moi baixo.