12 de diciembre de 2018
12.12.2018
A CORUÑA

Música e grafiti inculcan o galego na mocidade

12.12.2018 | 01:43
Participantes no programa ´O galego, a miña lingua propia´.

A Deputación fomenta o uso do galego nos máis novos. Un total de 3.392 estudantes de 70 centros de ensino participaron nas 91 sesións do programa O galego, a miña lingua propia, que animou a empregar a lingua a mozos de centros públicos de 43 concellos da provincia.

O programa chega ao seu fin despois de atoparse con máis de tres mil rapaces cunha proposta de actividades encamiñada a eliminar prexuizos contra o galego e defendelo como lingua de prestixio. O audiovisual, a música ou o grafiti centraron as proposta.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
esquelasfunerarias.es