O grupo nacionalista do BNG en Betanzos reclamou de novo que o Goberno local tomase medidas para poñer fin ás emisións da factoría de Tafiber en Infesta, despois de que tivese coñecemento por veciños de que "as fiestras aparecen cheas de pó negro procedente das emisións" e que fan "irrespirable o aire". Tamén pediu no Parlamento medidas contra este problema.